Ola, o meu nome é Asa Dotzler, de Mozilla.
Estou aquí para mostrarche o doado que é cambiar para o Firefox.
Abonda con ir a getfirefox.com co teu navegador web actual e premer no botón verde de descarga
do sitio web para gardar o ficheiro de instalación do Firefox no teu escritorio.
Pecha a xanela do navegador e fai dobre clic sobre a icona do instalador do Firefox para comezar a instalación
segue os simples pasos das pantallas e o Firefox instalarase no teu computador.
O Firefox tamén pode importar as opcións persoais do teu navegador web actual
Por exemplo, os teus marcadores e contrasinais almacenados.
Finaliza a instalación e comeza xa a navegar pola Web empregando o Firefox:
o rápido, seguro e personalizábel navegador web de Mozilla.