Ola, o meu nome é Asa Dotzler, de Mozilla. Estou aquí para mostrarche o doado que é cambiar para o Firefox. Abonda con ir a getfirefox.com co teu navegador web actual e premer no botón verde de descarga do sitio web para gardar o ficheiro de instalación do Firefox no teu escritorio. Pecha a xanela do navegador e fai dobre clic sobre a icona do instalador do Firefox para comezar a instalación segue os simples pasos das pantallas e o Firefox instalarase no teu computador. O Firefox tamén pode importar as opcións persoais do teu navegador web actual Por exemplo, os teus marcadores e contrasinais almacenados. Finaliza a instalación e comeza xa a navegar pola Web empregando o Firefox: o rápido, seguro e personalizábel navegador web de Mozilla.